Drupal Day Galicia 2016

"Drupal Day Galicia 2016" celebrarase en Santiago de Compostela o 12 de novembro.

É a primeira vez que un evento a nivel nacional relacionado con Drupal celébrase en Galicia. Esperamos que Drupal Day Galicia 2016 sexa o impulso necesario para agrupar á comunidade de drupaleros e drupaleras en Galicia, así como un achegamento á comunidade Drupal Española.

Queremos que sexa un evento non só por e para profesionais Drupal, senón que tamén teña cabida nel todo aquel que teña intereses afíns ao software libre e desexe coñecer un pouco máis Drupal, crear un espazo de encontro no que compartir ideas e intereses, coñecerse e divertirse aprendendo. Poderás gozar das charlas que ofrecen os mellores expertos en Drupal do noso país, participar nos talleres e bofs ou contribuír os teus propios desenvolvementos nos code contributes.